30.6.16

Caracterización grecoromana

O día 21 de xuño as alumnas de 4º de ESO de Latín e Cultura Clásica transformáronse por unha mañá en personaxes femininos da literatura e a mitoloxía clásica coa axuda de Ovidio (Ars amandi), da Wikipedia, de Youtube, da profe de Latín e coa inestimábel e desinteresada colaboración dos alumnos e profesores de perruquería. Desfilaron polas aulas presentando os seus personaxes aos alumnos e remataron a sesión cun pequeno prandium de inspiración grecorromana.



22.6.16

Entrega de Premios Concursos OS MATOS


O pasado mércores 22 de xuño,  entregáronse na biblioteca do IES Perdouro os premios do X Concurso de relato curto e do VIII Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos" cuxo lema foi “O meu avó, a miña avoa”. Antón Niñe, presidente da AC "Os Matos", felicitou aos premiados desta décima edición do certame. Karina Parga, encargada da biblioteca, e Santiago Pérez, Director, entregaron os diplomas e uns agasallos. As obras gañadoras pódense ler no número da revista escolar “Maruxía” deste curso.

Parabéns rapaces!!!!!!

X CONCURSO LITERARIO – Tema: “O meu avó, a miña avoa”

Relato curto: 

Categoría 1º e 2º de E.S.O.
  • Primeiro Premio: “O meu segundo pai” – Carolina Basanta Val (2º E.S.O. A)
  • Segundo Premio: “Os meus avós” – Alex Gómez Sixto (2º E.S.O. A)
Categoría 3º e 4º de E.S.O. 
  • Primeiro Premio: “Os avós” – Iria Fernández Rubal (4º E.S.O. B)
  • Segundo Premio: “Dúas almas nun só corazón” – Marta García García (4º E.S.O. A)
Categoría Bacharelato e Formación Profesional 
  • Primeiro Premio: “Avoa” – Andrea Ramos Piñeiroa (1º Bach.)
  • Segundo Premio: “Carta á miña avoa” – Tamara Rico Berdeal (1º Bach.)
Poesía

Categoría de E.S.O. 
  • Primeiro Premio: “A avoa, outra nai” – Cristina Vidal Fernández (2º E.S.O. B)
  • Segundo Premio: “Agradézocho a tí” – Carmen Pernas Pernas (2º E.S.O. B)
Categoría Bacharelato e Formación Profesional 
  • Primeiro Premio: “Só ti, só nós” – Macarena Ledo Vázquez (2º Bach.)
VIII CONCURSO DE IMAXE – Tema: “O meu avó, a miña avoa

Categoría 1º e 2º de E.S.O.
  • Primeiro Premio: Yaniss dos Santos Méndez (1º E.S.O. A)
  • Segundo Premio: Antía Gómez Couto (1º E.S.O. B)
Categoría 3º e 3º de E.S.O.
  • Primeiro Premio: Everaldo Magno Martíns Cruvinel (3º E.S.O A)
  • Segundo Premio: María Areán Maseda  (4º E.S.O. A)

Presentación da revista escolar da Asociación Cultural “Os Matos” do IES Perdouro Maruxía nº 22

Para clausurar o curso, esta mañá tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro a Festa das palabras e das letras, o acto anual de presentación da revista escolar "Maruxía" da Asociación Cultural "Os Matos".  Asistiron ao acto Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Antón Niñe, Presidente da A.C. "Os Matos" e Miruca Parga, coordinadora do EDLG. 

Antón Niñe, presente da AC "Os Matos", abriu o acto con sentimento de ledicia explicando aos asistentes que "a presentación dun novo exemplar da nosa revista é o momento moi esperado pola satisfacción que nos produce e porque sabemos que nos mantemos fieis no obxetivo iniciado hai máis de dúas décadas, ser un medio de expresión da comunidade educativa do IES Perdouro." Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Na lectura das súas páxinas poderemos darnos conta do latexar da vida do instituto cunha variedade de artigos e entrevistas que nos informa do acontecer do curso que agora termina. Pola súa banda, Miruca Parga explicou como traballou co seu alumnado de 1º de bacharelato de Tecnoloxía da Información e da Comunicación para a redacción e maquetación da revista que se publica anualmente no centro dende fai 22 anos. A publicación que recolle unha mostra das actividades e traballos realizados no centro durante o curso académico, está editada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e pola Asociación Cultural "Os Matos".

20.6.16

O Modelo Burela protagonista dunha xornada de estudo no País Vasco, dentro de Donosti, Capital Europea da Cultura

O MODELO BURELA PROTAGONISTA DUNHA XORNADA DE ESTUDO NO PAÍS VASCO

Durante os días 23 e 24 de xuño, dentro do marco de Donosti-capital europea da cultura -2016, celébrase un encontro entre as iniciativas consideradas como modelos de boas prácticas en materia de integración socioeducativa. Entre esas boas prácticas seleccionadas figura o Modelo Burela, que será presentado o día 24 de xuño, entre as 12:30 e as 13:30 horas.
Para realizar unha aproximación de "Achegamento ás linguas locais por parte de falantes de diferentes orixes", a metodoloxía do Modelo Burela será contrastada con outras dúas experiencias: a da Escola La Sinia, de Vic (Cataluña) e o Colegio Ramón Bajo, de Vitoria-Gasteiz.

OUTRAS REFERENCIAS




12.6.16

Concerto "Son de Nós"

O pasado venres 10 de Xuño contamos cá presencia na aula de música do grupo vocal “Son de Nós”, sexteto vocal a capella que iniciou a súa andadura no ano 2012, baixo a dirección do músico viveirense Plácido Travieso.
Ofreceron unha primeira parte de carácter didáctico onde nos mostraron a súa maneira de traballar as voces e montar as cancións, para pasar logo ao concerto en sí.
As pezas que escoitamos forman parte do seu programa “Identidade”, proxecto presentado na primavera de 2016, có motivo da festividade das Letras Galegas, que este ano rende tributo ao poeta Manuel María. Trátase dunha selección de pezas galegas, algunhas con textos de poetas galegos como Curros Enríquez (Do mar pola orela) outras  tradicionais (Alalá de Noia), arranxadas harmónicamente na maioría dos casos polo director Plácido Travieso.
Nunha segunda parte do concerto puidemos escoitar as súas versións corais de pezas pop tan coñecidas como “ Déjame” de Los Secretos ou “El sitio de mi recreo” de Antonio Vega.

De paso aproveitamos para presentar o libro de teoría da música que editou Plácido o pasado Agosto de 2015,  “Intervalos, acordes, graos da escala e ditado”. Nel plantexa unha metodoloxía práctica para a aprendizaxe integrada e significativa dos conceptos mencionados.

A actividade estivo dirixida aos alumnos de 3º ESO, 4º PDC e 1º BAC (alumnos de Análise musical)

Foi todo un luxo poder escoitar en directo a este grupo que se distingue principalmente por unha gran calidade vocal e un exquisito gusto na interpretación

Dolores Otero, profesora de Música 

11.6.16

Ruta da auga - 3º ESO

Alumnos de 3º de ESO do IES Perdouro acompañados dun técnico da empresa Espina e Delfin e da súa profesora de bioloxía visitaron este martes as instalacións da potabilizadora da Senra e a depuradora de Alfoz.

Logo da charla teórica impartida no centro educativo sobre o ciclo da auga, tocaba ver in situ os procesos esenciais de potabilización e depuración da auga. Juan Moreno, o inxeñeiro de augas,  empezou a ruta da auga polo embalse de Río Cobo onde se almacena a auga antes de ser tratada na potabilizadora da Senra. (Estación de Tratamento de Auga Potable - ETAP), estación moi moderna inaugurada en 2011.

Faloulles da potabilización, é dicir da conversión da auga non potable en auga apta para o consumo humano. Explicoulles os tratamentos que se realizan e os distintos controis de calidade da auga para adecuala ao consumo. Filtrase para eliminar a materia orgánica e as partículas que leva en suspensión e desinféctase con cloro. Os tratamentos empregados nunha pranta potabilizadora para reducir as impurezas poden ser de natureza física, química ou biolóxica.

Para abastecer en auga potable o pobo de Burela hai 2 cuvas de almacenamento temporal para evitar a escasez. A auga lévase ata as casas a través de grandes condutos, a rede de distribución.

Antes de verter as augas residuais á natureza, hai que depuralas. Por iso o grupo de alumnos deplazouse ata Alfoz para visitar a depuradora (Estación de Depuración de Aguas Residuales - EDAR) construída en 2002. Alí viron o funcionamento dunha depuradora biolóxica. A auga depúrase antes de ser enviada aos ríos e o mar.

En resumo, os rapaces fixeron o seguinte percorrido da auga : Almacenamento, Potabilización, Distribución, Depuración.

Con esta visita guiada preténdese concienciar ao alumnado da importancia do uso sostible e responsable da auga, do ciclo da auga e da depuración como clave para o mantemento dos ecosistemas.

7.6.16

Tarefa de limpeza da ribeira - Día dos océanos - 4º ESO e PDC

Para conmerorar o día mundial dos océanos, os rapaces de 4º de ESO e PDC coidaron da nosa ribeira. Un ano máis sumámonos a esta cita mundial da limpeza simultánea das praias. Acompañados por Mª José Cao, monitora de Gaia, e por Óscar García de Coge3, os alumnos limparon o tramo da ribeira dende o porto de Burela ata a igrexa de Coedo.
Recolléuse unha cantidade significativa de residuos do litoral: botellas de plástico e de vidro, residuos plásticos varios, restos de cordas, cobos e redes e algún neumático.
Para rematar a mañá os rapaces ensaiaron o seu equilibrio e a súa axilidade subidos a un monopatín por iniciativa de Óscar. Pasárono moi ben ademais de contribiur ao coidado do noso medio natural.

5.6.16

Concerto de Israel Arranz

O pasado venres 3 de Xuño visitou o instituto o músico burelés e antigo alumno Israel Arranz para impartir aos alumnos de música unha clase maxistral.

 Acaba de saír ao mercado o segundo disco do grupo de jazz latino Marosa Jazz Project, que el lidera.  O disco leva por título “Lémbrame” e está integrado por sete temas de composición orixinal, dos cales seis están firmados por Israel.

Aproveitamos a ocasión para que viñera a presentalo e de paso falounos de moitísimas cousas. Explicou detalladamente o proceso de grabación e produción dun disco e o funcionamento da industria discográfica, falounos da súa traxectoria persoal e a súa formación como músico e por suposto deleitounos có son  do seu vibráfono interpretando en directo algúns temas de jazz. Foi unha auténtica clase maxistral onde os rapaces puideron aprender e disfrutar moitísimo.

Actualmente Israel Arranz é todo un referente do vibráfono e do jazz latino non só en España, senón tamén en Europa. Recentemente estivo en Wupertal (Alemaña) no Festival Europeo de Vibráfono, en calidade de docente e codéandose cos mellores músicos deste xénero como Tony Miceli.

Auténtico jazz galego dende Burela para o mundo, foi un enorme privilexio contar cá presenza de Israel e disfrutar do seu traballo.

Dolores Otero, profesora de música

2.6.16

Quérote máis en Artes Plásticas

O Dpto. de Artes plástica colaborou co programa Querote + celebrando un obradoiro "Entender a arte" como “materia prima” que nos permita reflexionar sobre os temas do proxecto, A Imaxe Corporal e Autoestima, a Afectividade e Sexualidade, e a Convivencia e Valor da Diversidade

METODOLOXÍA:
1.-Elección dunha obra
Búsqueda de íconas culturales, imaxes que pertenecen a unha tradición artística. A arte en canto ao que representa. Realizouse a partir de un cuestionario referido aos aspectos propios da materia de Ed. Plástica.
2.-Análise da mesma
Analizáronse composicións, luz, perspectivas, identificación de persoaxes, iconografías.
Adentrarse en obras clásicas a través dos “ollos novos” dos alumnos.
3.-Reinterpretación
Reinterpretar, elucubrar. Arte dentro da Arte.
Primeiro realizáronse debuxos a partir dos modelos.
Unha vez manipuladas, enfrontáronse as imaxes orixinais ás que os alumnos deseñaron.
Realización dun produto final elaborado coas técnicas básicas do debuxo e pintura.

RESULTADOS:
Estes foron algunhos dos exemplos sobre os que se fixeron diferentes versións.

IMAXE CORPORAL E AUTOESTIMA.

“Retrato dun home robusto”. R.Campin. 1425. A intención do cuadro orixinal é conseguir por medio do realismo e a minuciosidade a representación das imaxes cotidianas; os alumnos reinterpretaron os retratos e incorporaron textos que os sitúan no noso contexto, reforzando a súa imaxe e autoestima.
“Gioconda”. Leonardo. 1503. Renovación iconográfica. Unha revisión da persoaxe a través do seu perfil en Instagram.
“Grito”.Munch.1893. Expresión da desesperación, a angustia persoal, vista desde unha rede social.
AFECTIVIDADE E SEXUALIDADE.
“Maja Vestida”.1800. F. Goya. Observaron e reflexionaron sobre unha imaxe neoclásica desde o século XXI. Revisáronse as ideas de perfección, delicadeza, sexualidade dun corpo vestido pero de anatomía fácilmente imaxinable.

“Bailarina basculando”.1879. E. Degas. Análise dunha obra impresionista. Reflexaron a complexidade psicolóxica e afectiva que trascendía a estrutura física da imaxe.

CONVIVENCIA E VALOR DA DIVERSIDADE.

“Noite estrelada” Van Gogh. 1.889. Imaxe do cuadro fundida sobre a nosa vila, Burela, como expresión da convivencia.

“Mañán de Pascua”. C.D. Friedrich. 1833. Renovación deste cuadro desde un IES como o noso, a convivencia aparece na expresión dos anhelos e esperanzas.

O espíritu da vida e da beleza do cuadro orixinal derívase ao valor da diversidade, mediante os temas que acompañan as conversación que se engadiron ás persoaxes.

“Marilyn Monroe”. A. Warhol.1964. Publicidade “mass-media”. Crítica á Sociedade de consumo.

Os alumnos incorporaron as súas propias caras trasformando parte da imaxe e formaron parte das mensaxes de convivencia e diversidade.

Obradoiros Quérote +


Modalidade 2 (Coñecéndonos):

    Convivencia, valor da diversidade (100 minutos)
    Imaxe corporal e autoestima (100 minutos)
    Afectividade e sexualidade (100 minutos)

No obradoiro de convivencia traballouse cos rapaces e rapazas para poñer en valor a diversidade e fomentar o seu respecto de cara a unha convivencia construtiva e potenciar a aprendizaxe da resolución construtiva de conflitos.

No obradoiro de imaxe corporal traballouse para contribuír ao coñecemento, aceptación do corpo e da imaxe de forma satisfactoria e positiva

O obradoiro de sexualidade e afectividade centrouse no desmantelamento de mitos, estereotipos e falsas crenzas presentes na sexualidade.

1.6.16

Viaxe pola Mariña Oriental

O día 24 de maio os dous grupos de 1º de ESO  desprazáronse ata os concellos de Barreiros e Ribadeo para coñecer varios aspectos da Mariña Oriental. A actividade foi organizada polos Departamentos de Ciencias Sociais e Relixión Católica.

A primeira parada da ruta fíxose no concello de Barreiros, na Praia da Anguieira, onde os alumnos contemplaron a desembocadura do río Masma, que forma a ría de Foz, e escoitaron as explicacións de temas  históricos, económicos, e a influencia da man do home na natureza.

A viaxe continuou percorrendo a estrada que bordea os areais do concello, pasando por diante da casa-museo do pintor Celso Dourado, antes de chegar ao entorno da Praia de Augas Santas, máis coñecida como Praia das Catedrais.

En Ribadeo, a primeira parada foi na área do Cargadoiro, recibindo información deste lugar, facendo referencia ao antigo tren mineiro de Vilaodrid a Ribadeo e á carga de material nos barcos de cabotaxe.O Forte San Damián e o Albergue de Peregrinos son outras construcións que tamén viron os rapaces, xa que se encontran no seu entorno.

A seguinte parada fíxose nos arredores da Illa Pancha, atendendo o alumnado ás explicacións sobre as funcións e as características dos faros.

Logo dun tempo de lecer, a visita continuou na Praza de España, onde o grupo escoitou as explicacións sobre os edificos desta zona: A Casa do Concello -antigo Pazo do Marqués de Sargadelos-, a Torre dos Moreno, a Igrexa de Santa María e o Convento de Santa Clara, onde os viaxeiros coñeceron varias particularidades deste edificio e da vida monacal.

Antes das 14 horas a expedición regresou ao I.E.S. Perdouro, despois dunha mañá intensa na que os visitantes coñeceron un pouco máis a Comarca de A Mariña.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...