3.2.15

Charla ACTÚA do programa EduEmprende para Ciclos Formativos

A actividade posta en marcha por parte desta Consellería, en colaboración co IGAPE, dentro do Programa EDUEMPRENDE- Actúa 2014-2015,  desenvolveuse hoxe no centro de 9h a 11h co título: A actividade emprendedora como chave para o teu futuro, encontro dirixido ao alumnado de 2º ano dos ciclos formativos. 

Abriu o acto Enrique José Gómez Fernández, Técnico do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e aportou información sobre a motivación para emprender e resolveu todas as dúbidas do alumnado participante en materia de emprendemento. A continuación estivo prevista a participación dunha persoa emprendedora. Nesta ocasión contamos con Luís López Fulgueira, xerente de Industrial Recense, que compartiu co alumnado a súa experiencia persoal, claro exemplo de crecemento, expansión e internacionalización dunha empresa familiar da Pontenova.  Explicoulles a súa vivencia persoal como emprendedor, como xurdiu a súa idea, como puxo en marcha a súa empresa, que problemas tivo e como os solucionou, como o financiou... 

Con esta actuación trátase de visualizar o emprendemento entre o alumnado como unha opción clara de empregabilidade. É unha acción formativa dirixida ao alumnado dos FP para que poñan en valor o seu talento emprendedor como ferramenta para o seu desenvolvemento persoal.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...