18.12.14

Un mar de Cultura - 2º ESO - Viaxe a Cariño

FUMOS A CARIÑO!!!! 

No día de onte, 17 de Decembro, os alumnos de 2º de ESO visitaron a vila de Cariño para realizar unha actividade realmente interesante relacionada cá cultura do mar, algo que nos é moi coñecido pero quizais non tanto como cremos!!! 

Tiveron ocasión de visitar a conserveira, La Pureza, onde se lles explicou e puideron ver paso a paso todo o proceso de elaboración do peixe ata que sae da fábrica. Os escolares coñeceron a tradición da industria conserveira do noso territorio a través desta empresa con 90 anos de historia.
Despois visitaron a antiga cetárea A Balandra que foi fundada en 1931 e que levaba uns 30 anos pechada ata que se volveu a abrir fai un ano aproximadamente. Alí puideron coñecer de cerca o cultivo das especies galegas de mariscos máis características e tocar distintas especies de crustáceos (centolo, boi, nécora, lubrigante...) ademáis de seguir con interese os detalles do traballo que se realiza.
Por último visitaron ás redeiras de Cariño que explicaron con moito detalle en que consiste o seu traballo, facendo unha demostración práctica de cada cousa e instruíndo cá terminoloxía específica.

Para rematar visitaron Cabo Ortegal onde puideron facerse todas as fotos que quixeron....

17.12.14

Matemáticas al Sprint - Antón Mazaira campión nacional

Parabéns Antón!!
Antón Mazaira, alumno de 2º de ESO, xunto con 4 compañeiros, foron os máis rápidos de toda España no certame matemático de resolución de problema, "Matemáticas al Sprint". A proba celebrouse este fin de semana na USC. Celebramos contigo este premio Antón!!!!! Sigue así!!!




16.12.14

Charla sobre educación sexual co Dr. Cristóbal R. Garfia

Cristóbal Rodríguez Garfia, médico xinecólogo, imparte unha charla sobre saúde sexual ao alumnado de 3º ESO e Formación Profesional Básica do IES Perdouro

O alumnado de 3º ESO e FP Básica recibiu información en materia de educación afectivo-sexual da man de Cristóbal R. Garfia, recoñecido especialista, que sempre se ofrece a contribuír a sensibilizar aos adolescentes e informalos sobre a utilización dos métodos anticonceptivos. O xinecólogo incidiu nas boas prácticas sexuais e no repaso ás problemáticas que poden xurdir por mor do descoñecemento. A Vicedirectora, Karina Parga, manifesta o particular interese do centro na prevención e recalca a importancia de informar convenientemente ao alumnado para previr enfermedades de trasmisión sexual asi como embarazos non desexados.

Charla sobre desigualdade e violencia de xénero - 2º ESO

Ana Belén Pacio Rodríguez, Xefa da Unidade conta a violencia sobre a muller, impartiu hoxe na biblioteca do centro unha conferencia destinada ao alumnado de 2º de ESO e Formación Profesional Básica para informalos sobre desigualdade e violencia de xénero.
Esta actividade forma parte do  Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo sensibilizar o noso alumnado contra a violencia de xénero e estereotipos sexistas para destacar a importancia da educación en valores e coñecer os modos de previlos e denuncialos.
Loitemos entre todos para erradicar a violencia de xénero.

1.12.14

Premio no Concurso de cartel Día da Sida

Raisa Rivera Chonate, alumna de 1º de ESO, acadou o premio premio da categoría 12-15 anos no Concurso de Cartel convocado pola unidade asistencial de drogodependencias de Burela.
O luns 1 de decembro o edil, José González Barcia, e a concelleira de Sanidade, Diana Durán entregaron os galardóns os premiados.

25.11.14

Macarena Ledo premiada no concurso de microrelatos contra a Violencia de Xénero

Felicitamos a nosa alumna de 1º de bach, Macarena Ledo, polo premio acadado no concurso de microrelatos contra a violencia de xénero convocado polo concello de Burela!!!! Parabéns Maka!!!!!



24.11.14

'A escola, camiño de futuro' - exposición

O IES Perdouro acolle do 24 de novembro ao 5 de decembro a exposición da ONGD Educo 'A escola, camiño de futuro', un conxunto de 32 cubos de cartón pluma, que plasman diferentes proxectos educativos en países de África, América do Sur, América Central e Asia por mediación do Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e en colaboración coa Ong Educo, coa finalidade de divulgar e sensibilizar á poboación da realidade social do mundo que nos rodea.

14.11.14

1º ESO - A MIRADA MÁXICA DO QUE ACONTECE NA PANTALLA.

José Díaz Moscoso, profesor de plástica

Durante os pasados días 5 e 6 de Novembro os grupos do primeiro curso da ESO participaron nun obradoiro lúdico e creativo sobre a imaxe en movemento: “ANIMÁNDOTE”.
Tivo lugar na aula de Plástica en sesións de 3 horas polas mañás, e impartidos pola artista audiovisual Belén Montero, do equipo DSK.

A actividade estaba programada dentro dos talleres e proxectos de Desenvolvemento Creativo do MAC (Museo da Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa)

Os tres obxectivos principais do mesmo foron:
- Achegarnos  á animación: coñecementos básicos acerca dos procesos da mesma.
- Tomar conciencia das tecnoloxías e elementos creativos ao noso alcance.
- Recoñecer a importancia da mirada creadora do autor e do equipo.

Na presentación inicial puidemos coñecer ideas xerais do audiovisual e da animación en particular. Aclaramos conceptos como: pixelación, pixilación, videoinstalacións, videoclips, curtametraxes...
Para esta parte, Belén axudouse de imaxes das súas obras coma un “Tetris físico“ xigante no Centro Pompidou , os seus traballos profesionais con actores e cantantes como Alaska. E mesmo descubrimos o antigo destas técnicas a través de obras como “O hotel eléctrico” ( dirixida por Segundo de Chomón en 1908 ).

Resultou curiosa a analoxía que fixo entre o concepto dixital do píxel e a linguaxe do punto de cruz das nosas avoas, identificando cada puntada coa cuadratura do píxel.
Ademais quedounos claro a importancia do tempo para a elaboración de ideas e a execución destes traballos.

Unha vez exposta a parte formativa iniciamos unha práctica de gravación para o noso exercicio de pixilación, axudándonos da técnica do stop-motion.

Participaron como actores, e experimentaron inspirándose no xogo “Plants vs Zombies”. Actuaron todos os alumnos en papeis como: plantas lanzachícharos, zombies bailaríns, cogomelos, xirasois...e como non, un equipo de efectos especiais.

Estamos a esperar pola montaxe e post-produción de Belén.

13.11.14

Segundo obradoiro radiofónico para os nosos premiados no certame o Galego na onda

Durante toda a tarde do mércores 12 de novembro, un grupo de alumnos/as do IES Perdouro recibiu o segundo obradoiro de comunicación radiofónica impartida polo actor Rubén Riós e o técnico e produtor Andrés Rozados nos estudios de Radio Burela. Nesta segunda fase do certame O Galego na Onda convocado pola Rede de Dinamización Lingüística., Maka Ledo, Elena Valle, Simón Rodríguez, Sergio Rivas, Safu Housni, Laura Semedo e Viviane Furtado gravaron unha emisión especial para presentalo ao concurso. Xa estamos impacientes por coñecer o fallo do 30 de novembro.

12.11.14

Viaxe ao Cebreiro - Unha crónica de Clara e Alba

Alba Carreiras e Clara Iglesias
3º E.S.O. - A -

Os cursos de Relixión de 3º de E.S.O. tivemos unha viaxe de estudos o xoves 16  de outubro. O obxectivo era coñecer varios lugares vinculados ao Camiño de Santiago (Camiño Francés): O Mosteiro de Samos e o Poboado de O Cebreiro. 

Despois de viaxar dúas horas en autobús, chegamos ao pequeno pobo de Samos. Logo de coñecer un poco o centro da vila fumos visitar o Mosteiro de San Xiao. 

Ao pouco de comezar o percorrido encontrámonos cun monxe, coñecido dos nosos profesores Antón e Bernardo, que se ofreceu para explicarnos algúns aspectos da vida dos monxes. Quedamos en vernos ao chegar á igrexa, antes de rematar a visita.

Antón, que foi o noso guía ao longo da xornada -xa coñece estes lugares dende hai anos- foinos explicando as diferentes estancias do edificio: claustros, refectorio, biblioteca, celas, pinturas, sancristía, igrexa...

Na igrexa deste mosteiro, que tamén é a igrexa parroquial de Samos, os monxes Gregorio María e Leandro explicáronnos cómo era a súa rutina diaria e as razóns que os levaron a unirse a este tipo de vida.   

Despois de xantar na vila saímos cara O Cebreiro. Ao chegar a este poboado, dirixímonos ao Santuario de Santa María onde nos explicaron varios aspectos históricos, artísticos e lendarios. Unha das cousas que máis nos chamou a atención foi a exposición de biblias en diferentes idiomas. Como é un lugar onde pasan moitos peregrinos procedentes de diversos países, o santuario ofrécelles a posibilidade de ler e rezar no seu idioma nativo. 

Tíñamos previsto percorrer a pé un tramo do Camiño de Santiago, ata o límite con Castela-León, pero debido ás inclemencias do tempo tivemos que suspendelo.

Na viaxe de regreso fixemos unha parada en Lugo, onde aproveitamos para merendar e facer unhas compras nun centro comercial. 

Pouco antes das oito da tarde chegamos a Burela. Nas nosas casas falamos do vivido durante o día e da posibilidade que tivemos de saber algo máis da nosa provincia, unha zona de montaña diferente ao lugar onde vivimos nós, que tamén ten lugares que merece a pena coñecer.

6.11.14

Charla informativa sobre bolsas “high school” para estudiar en EEUU

O alumnado de 4º de ESO recibiu información sobre a 6ª edición das bolsas “High School” para estudar en EEUU. 

A Fundación Amancio Ortega xunto ca Fundación Barrié convocan as bolsas “high school”, un Programa de Bolsas para realizar estudos dun ano académico en Estados Unidos.

Nesta edición hai 75 prazas para cursar 1º de Bach. en EEUU no curso escolar 2015/2016

Estas bolsas van dirixidas a estudantes de 4º da ESO cunha nota media de 3º ESO igual o superior a 7,5 e cun 7 en inglés.


5.11.14

1º ESO - Charla sobre perigos de seguridade nas novas tecnoloxías e as redes sociais

Dentro do  Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo, informou e asesorou o noso alumnado de 1º de ESO no manexo e uso responsable de internet en diferentes dispositivos informáticos como poden ser os ordenadores, teléfonos ou tablets nunha charla impartida o pasado luns, día 3 de novembro.

O axente Peña explicoulles a necesidade de implantar na súa rutina diaria en Internet unha serie de consellos para protexer a súa persoa e intimidade e evitar a comisión de delictos. Incidíu en que é necesario educar no intercambio e usos propios e alleos de imaxes íntimas e persoais. Fixo tamén fincapé no perigo de facilitar datos persoais e íntimos a descoñecidos e na necesidade de que comenten cos seus pais, titores ou profesores calquera contido estrano e/ou ameazante que detecten en Internet.

Día da ciencia en galego - todo un éxito!!!

Nota de prenda da Coordinadora 

Máis de 4.200 alumnos de 75 centros escolares achegaranse mañá en galego á programación de ordenadores a través dunha videoconferencia organizada pola CGENDL

Manuel Caeiro Rodríguez, Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación, profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo e responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación, falará sobre “A ciencia de programación de ordenadores (tamén en galego)” para o alumnado de Secundaria, que terá a posibilidade de interaccionar co relator a través dun chat.

A Coordinadora Galega de ENDL organiza un ano máis este evento que se enmarca nos actos do Día da Ciencia en Galego, instaurado hai cinco anos para reinvindicar o uso da lingua galega no ensino non universitario tras a súa eliminación das áreas científico-técnicas pola Consellería de Educación.
Participarán uns 75 centros escolares, e máis de 4200 alumnos e alumnas, este mércores 5 de novembro.

 
Con motivo do V Día da Ciencia en Galego, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística convocou aos centros de ensino non universitario a participar nunha videoconferencia que conta coa colaboración da Área Multimedia da Universidade de Vigo.
Na videoconferencia, que dará comezo ás 12:00 e terá unha duración dunha hora, Manuel Caeiro Rodríguez, Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo, ofrecerá una charla para o alumnado do 2º ciclo da ESO e o Bacharelato baixo o título “A ciencia de proramación de ordenadores (tamén en galego)”. Nela, o profesor Caeiro introducirá a historia da programación de ordenadores dende a orixe do algoritmo dos árabes pasando por Ada Lovelace e Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. O relator amosaralle ao alumnado ferramentas coas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidan facer, tamén en galego, os seus programas.
Como nas anteriores edicións, este evento ten unha moi boa acollida nos centros escolares e a inscrición supera os 4200 alumnos e alumnas de máis de 75 colexios e institutos de todo o país. Estes rapaces e rapazas poderán seguir en vivo a intervención do conferenciante e dirixirlle preguntas a través dun chat na propia sala virtual da videoconferencia.
Esta videoconferencia, xunto con numerosas actividades presenciais que se desenvolven estes días nos centros educativos, nas universidades e noutras institucións, pretenden que o alumnado aprenda ciencia sen ningún tipo de prexuízos, nin sobre a ciencia, nin sobre as posibilidades de aprendizaxe da ciencia en calquera idioma. Os colectivos convocantes (AGAPEMA, APETEGA e ENCIGA) e as institucións e entidades que se suman a esta data reinvindicativa, como a CGENDL, queren expresar deste xeito que as linguas, neste caso o galego, se aprenden usándoas en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, a pesar de que a Consellería de Educación a excluíse como lingua vehicular de diferentes materias destes ámbitos coa aplicación do Decreto para o Plurilingüismo.

4.11.14

Macarena Ledo e Elena Valle grabarán un programa en Radio Burela

o-galego-na-ondaO pasado mércores, 29 de outubro, iniciouse a segunda parte do proxecto O Galego na Onda, desenvolvido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ese día houbo un obradoiro de radio impartido polos profesionais Rubén Riós e Andrés Rozados e dirixido a un grupo de alumn@s entre os que se atopaban as gañadoras da primeira fase do concurso consistente na elaboración de cuñas, Macarena Ledo e Elena Valle. A última fase do proxecto levarase a cabo o vindeiro 12 de novembro coa grabación dun programa de radio na emisora Radio Burela.

3.11.14

Facendo prevención sobre drogas - 4º ESO e FP Básica

O luns 3 de novembro, o alumnado de 4º de ESO e Formación Profesional Básica recibiu na biblioteca do centro unha charla preventiva sobre Alcool e outras drogas impartida por Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo. Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a cellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivo informar aos rapaces sobre as diferentes drogas legais e ilegais, os seus efectos e consecuencias na saúde e penal. En definitiva, o axente impulsou a reflexión entre o alumnado entorno adiccións e outros mitos.

Para información, consulta a web do Plan Nacional sobre Drogas  e descárgate a App.

Ver ademais La locura de las drogas en Documentos TV de RTVE

30.10.14

Obradoiro radiofónico nº 1 - O GALEGO NA ONDA


O Galego na Onda....

Durante toda a tarde do mércores 29 de outubro, un grupo de alumnos/as do IES Perdouro recibiu un obradoiro de comunicación radiofónica impartida polo actor Rubén Riós e o técnico e produtor Andrés Rozados nos estudios de Radio Burela. A actividade está convocada pola Rede de Dinamización Lingüística con motivo da celebración das Letras Galegas. Macarena Ledo e Elena Valle, alumnas de 1º de bach, foron premiadas no certame O Galego na Onda, concurso de cuñas radiofónicas celebrado no galo do Día das Letras. Nesta primeira fase do certame, as gañadoras reciben unha xornada formativa onde o actor e comunicador Rubén Riós trata aspectos relacionados coa modulación da voz, a importancia da ambientación musical, así como doutros efectos sonoros. Tamén farán práctica de redacción e locución radiofónica, de producción, de estructura do guión e das capacidades a desenvolver para a locución na radio ( dicción, improvisación, vocalización...) de cara a gravar unha emisión especial para a segunda fase do concurso. Será o 12 de novembro cando os nosos alumnos fagan a súa proposta de programa para esta segunda fase. Desexámoslles moita sorte!!! Foi unha xornada de moito proveito!!!!!

Máis info...

e aínda máis aquí

Crónica da xornada "Construye tu carrera" Fundación Alcoa

José Ramón Leiva - Orientador

Voz de Galcia
A actividade na que participaron os nosos alumnos de 1º B de bacharelato, estivo enfocada a reflexionar sobre os factores que condicionan o éxito á hora de elixir os estudos superiores, unha vez finalizado o bacharelato.
Estivo máis centrada nas chamadas carreiras STEM, (science, technology, enginnering and mathematics).
A sesión dividiuse en tres seminarios nos que se abordaron distintas temáticas. A primeira foi a de abundantes oportunidades. Qué nos leva a inclinarnos por un campo de coñecemento determinado?
Pilar e Maribel (responsables do departamento de recursos humanos de Alcoa) falaron das súas experiencias. Unha é graduada en dereito e a outra graduada en psicoloxía. Pilar comentounos que cando estaba no instituto, a asignatura de Filosofía serviulle para despertar a súa curiosidade, estaban estudando as teorías da Gestalt (unha corriente que fala da percepción e como se organizan os estímulos en función de unidades de organización máis globais, mais ben que a través de  acumulación de percepcións illadas. Unha frase que a definiría sería “O todo é máis ca suma das súas partes”. A raíz diso, empezou a profundizar noutros procesos psicolóxicos como a linguaxe, os comportamentos grupais… E a partir dese momento descubriu que intereses tiña. Recalcou moito a idea de que á hora de elixir algo, se ese proceso ven dende o interese persoal, dende o cuestionamento interno, o proceso é máis doado. Maribel tamén falou da súa experiencia. A medida que avanzaba no coñecemento do dereito sentíase máis atraída hacia a súa futura especialización na xestión dos recursos humanos.
Os alumnos na 1ª sesión reflexionaron e fixeron traballos grupais acerca das numerosas opcións que se lles presentan á hora de elexir estudos: ramas de coñecemento, ciclos, graos, mestrados ou incluso doutoramentos.
Outro dos factores foron os intereses profesionais: convencional, artístico, social, innovador….
Resaltouse tamén a idea do ambiente de trabajo, se nos gustaría traballar como operarios nunha planta de manufactura, ou ben ao aire libre facendo traballos de campo, ou nun laboratorio….
Abordouse tamén o tema das disciplinas STEM. Como estas disciplinas, teñen un compoñente aplicado que nos pode levar dende aplicar coñecementos matemáticos para resolver problemas de análise de datos deportivos, ou crear aplicacións informáticas no campo da industria textil que permiten os clientes saber se unha prenda lles senta ben, sen necesidade de probala. Utilizando representacións tridimensionais dos clientes e conectándoas coas dimensións das prendas. 
No mundo da banca, desenvolvemento de software específico que posibilita os servizos de banca electrónica…Fíxose moito fincapé na idea de que as ciencias puras van por diante das outras disciplinas no que se refire a súa proxección na resolución e planificación de problemas plantexados nun escenario futuro. Levándoo a tal extremo que o director de Alcoa dicía sentirse máis feliz nunha ferretería que nunha librería – algo co que discreparan os profes de linguas que levan a biblioteca do noso centro-. Xa máis en serio o que si é unha realidade é que o 80% dos postos de traballo que ofertarán no futuro, estarán ligados as disciplinas STEM. E que o desenvolvemento tecnolóxico e industrial dun pais depende de técnicos de distintos niveis nestes campos. Países como Arabia Saudí están planificando o seu futuro sobre este campo, unha vez que esgoten os seus recursos naturais. A demanda de profesionais con estas cualificacións e cada vez máis grande, e proven de países como India ou China, onde os estudantes teñen unha preparación óptima en razoamento lóxico-matemático. Isto levounos a outra reflexión importante entre ciencias e letras. O alumnado de ciencias pode empregar dúas horas en resolver un problema matemático, mentres os de letras nese tempo poden memorizar ou adquirir coñecemento. Realmente iso pode levar a pensar que o tempo utilizado polos alumnos de ciencias e menos útil ou se lle quita menos proveito. Isto levounos outra vez a ligalo o tema das competencias. Todas son importantes, pero as destrezas no pensamento hipotético deductivo, son fundamentais para resolver problemas, e aplicar ese corpus de coñecemento o desenvolvemento das sociedades.
Isto levanos outra vez a importancia do coñecemento de idiomas nun mundo globalizado. Se podemos dominar a lingua inglesa, e  unha segunda, ou incluso terceira lingua estranxeira, abriránsenos moitas portas no eido do traballo.
Nunha segunda sesión analizamos os distintos aspectos de distintas profesións seguindo o guión de: tarefas diarias, ambiente de traballo, intereses e formación necesaria.
Os perfís foron distintos, pero todos relacionados coas carreiras STEM: diseñador de software informático, técnico de xestión de residuos urbanos ou astrofísico. 
A última sesión da mañá, foi organizar todos estos factores e condicionantes e crear un plan para tomar unha decisión con garantías. 
Para finalizar hai que agradecerlle a Fundación Alcoa e a proxectos como Junior Achievement a súa colaboración cos centros educativos para axudar os nosos estudantes a reflexionar sobre unha decisión que será importante non só dende a perspectiva do futuro persoal senón dende a perspectiva da organización e efectividade do noso sector produtivo.

4º ESO - Visita a Lugo

O alumnado de 4º ESO viaxou ata  Lugo para visitar o casco histórico e aproveitou para acercarse ata a rotativa do xornal O Progreso. A actividade foi organizada conxuntamente polo departamento de Relixión e o ENDL

28.10.14

1º ESO - Charla de Astronomía

O pasado día 28 de outubro, veu Alfonso Piñeiro, director do IES Porta da Auga de Ribadeo, a darnos unha charla ao alumnado de 1º de ESO sobre astronomía.
Primeiro, falounos un pouco do sistema solar: onde está situado, que corpos o forman, tamaño dos mesmos, as súas órbitas, distancias, ....
Informounos tamén dos aparellos e vehículos espaciais que, na actualidade, están desenvolvendo estudos sobre o universo.
Dixo que se estaban enviando robots a Marte e que que querían que unha nave, Rossetta, se pousara nun cometa que se dirixe cara o sol.
A min a charla gustoume porque aprendimos cousas que non sabiamos e recordamos o que xa coñeciamos.

Crónica de Marta Lestao Fernández, alumna de 1º ESO A

25.10.14

1º Bach - Xornada formativa de orientación: JA Contruye tu carrera

O alumnado de 1º de Bac. Científico asistirá o vindeiro 29/10/14 a unha xornada formativa que leva por título JA CONSTRUYE TU CARRERA, actividade promovida pola Fundación Alcoa. O obxectivo é promover o coñecemento das carreiras profesionais relacionadas coa Ciencia, a Tecnoloxía, a Inxeñería e as Matemáticas (STEM) con alta demanda no mercado laboral.

24.10.14

Crónica Conferencia "Ouro impuro" por José Fernández

Pola vida
              Por José Fernández López

Este xoves 23 asistimos a unha charla moi instrutiva impartida polo ecoloxista Moncho Varela. Nesta charla falounos sobre os problemas e vantaxes (vantaxes escasas) que suporía ter minas na nosa terra. 
Ás once da mañá comezamos coa charla “Ouro impuro: A loita por Corcoesto”. Na primeira parte mostrounos o fermosa que é a nosa terra, concretamente nunha rexión de Galiza coñecida como a Costa da Morte. Nas parroquias de Cangas hai unha gran industria láctea, gandeira, pesqueira e agrícola, que se ve afectada por estes proxectos de megaminería. Vimos tamén o percorrido entre certas parroquias que contan con vinte e catro antigos muíños. No municipio de Cabana de Bergantiños hai monumentos históricos como o dolme de Dombate, considerado a catedral do megalitismo, que contén gravados e diversas pinturas duns 6000 anos de antigüidade, castros, etc. Ademais, no Parque Nacional das Illas Atlánticas coexisten fauna e flora sen unha gran presenza humana. Sábese pola presenza de bioindicadores (animais aos que lles afectan os cambios ambientais de tal forma que falecen). Alí crecen, aliméntanse e reprodúcense especies asombrosas. Actualmente está en expansión o lobo ibérico, que dende a posguerra foi moi cazado pola súa abundancia e actualmente escasea.
A segunda parte trata sobre a febre do ouro. Dende épocas prerromanas, en Galicia aparece a explotación de ouro. Pódese ver unha exposición sobre isto no Museo Provincial de Pontevedra, que conta con pezas procedentes do castro de Santa Tegra como o casco de Leiro, un casco de ouro macizo con gravados. Despois da conquista romana, segundo textos de Plinio o Vello, entre Galicia, Asturias e Lusitania reuníanse 20.000 libras anuais de ouro, sobre todo das Médulas. Neste xacemento a extracción realizábase por decantación. A partir de 1492, co descubrimento de América, o Imperio Español, ademais de abrir outras rutas comerciais, interesouse polo ouro que se atopaba naqueles lares. O imperio español explotou o máximo posíbel as posibilidades auríferas de Sudamérica. A mediados do século XIX atravesouse un período chamado Febre do Ouro, durante o cal miles de persoas comezaron un éxodo masivo cara a lugares máis rurais para conseguir ouro con fins comerciais. Actualmente, existe un segundo período de Febre do Ouro, que comezou co inicio da crise e co ascenso do prezo do ouro. Realmente, pódese ver o auxe dese negocio porque antes da crise económica apenas existían tendas de “Compro Ouro”. O ouro sempre tivo un atractivo especial para o ser humano pero é incrible o prezo que alcanzou na actualidade.
Na terceira parte entendemos a relación de todo anterior co caso que nos viña presentar. A explotación de minas de ouro, na cal todo son problemas. Existen tres métodos para a separación de ouro. A gravitación (un sistema que non contamina pero que xa apenas se pode usar porque todo o ouro que había na superficie levárono os romanos); a flotación, que consiste no uso de escumas que separan compoñentes e a lixivitación, o máis contaminante e máis usado. Neste método emprégasase cianuro de sodio, mercurio, etc para poder separar a arsenopirita producindo residuos de cianuro, arsénico, etc, que se depositan en diques de cola que non son 100% infalibles, xa que poden romper. Por exemplo, este verán un dique de cola en Canadá rompeu e verteu todo os seus residuos aos ríos e solos. Ademais, neste tipo de accidentes medioambientais evapóranse residuos que producen enfermidades canceríxenas. Á parte disto, contamínanse toneladas de auga e úsanse explosivos tamén prexudiciais para o medio. Por sorte, no Parlamento europeo prohibiuse o uso de mercurio neste tipo de megaminería (5 de maio de 2010), pero existen multinacionais ás que lles sae máis rendible pagar a multa e saltar as normas.
Alguna destas multinacionais quería explotar un veta existente en Galicia, que vai desde Ferrol a Tui e o seu obxectivo era comezar en Corcoesto, onde se asenta un pequeno xacemento de ouro equivalente a un camión, deixando miles e miles de toneladas de residuos tóxicos. O Parlamento galego opúxose a este proxecto grazas a actuación de Change.org pero o problema continúa existindo en Asturias, onde Asturgold, Edgewater, etc queren perforar en Tapia de Casariego e para isto prometen 217 postos de traballo durante oito anos. Por todo o exposto anteriormente, decatámonos de que o prezo a pagar é demasiado elevado.  
Hai exemplos en Grecia, como a mina de Skouries, un sitio fermoso que foi destruído, arrasado e contaminado. Outro caso salientable é o da Baixa California (México), onde activistas ecoloxistas levan oito anos loitando por impedir que un destes proxectos saia adiante. 
Existen informes de que este proxecto en Tapia é inviable sen repercusións no medioambiente, para canto máis nunha zona onde abunda o sector primario. 217 mineiros non poden substituír a mariñeiros, gandeiros, marisqueiros, etc, ademais do abondoso turismo que está acollendo a zona durante estes últimos anos.
Na miña opinión, a explotación dunha mina de ouro é o peor que pode suceder no relativo á conservación do medio ambiente natural e do patrimonio cultural e humano. Os desastres ambientais acaecidos este verán en Canadá pola fuga dunha bolsa de contención, a explotación do ouro no río Amazonas con mercurio ou o Monte Furados, unha mina construída polos romanos que aínda contamina dende hai 2000 anos son exemplos das consecuencias negativas das minas. Aínda me asombra que a estas empresas só as multen economicamente cando usan produtos que son nocivos para todos. Se algún ricachón das empresas internacionais que quere construír esta mina di que isto que escribín é todo mentira que constrúa un chalé en primeira liña de mina. A ver se ten o que hai que ter para pisar ese chan, beber esa auga e respirar ese ar. Este artigo fágoo por min, pola Terra, por Galicia, por Asturias e pola vida. 

Sensibilización medio ambiental, unha charla de Moncho Varela - Minas a ceo aberto

“OURO IMPURO: A LOITA POR CORCOESTO” 

O xornalista Moncho Varela, especialista en temas medioambientais, achegouse ao IES Perdouro o xoves 23 de outubro para impartir ao alumnado de 4º de ESO e os de 1º e 2º de Bacharelato unha conferencia de divulgación da actividade das megaminerías do ouro co obxectivo de sensibilizalos sobre as graves consecuencias medioambientais que conlevan os sistemas de extracción do ouro e os efectos sobre a saúde, os seres vivos e o entorno natural.


O xornalista empezou a súa exposición cunha viaxe pola comarca de Bergantiños na Costa da Morte, entre Ponteceso e Cabana, facendo especial fincapé na súa paisaxe natural (ríos, fervenzas, montes, ...), na biodiverdiade vegetal e animal, nas actividades económicas tradicionais (da terra: agricultura, gandería, muiños e do mar: marisqueo, carpintería de ribeira), nos valiosos vestixios arquitecturais (peculiar cruceiro de Borneiro, Mosteiro de San Martiño, Castro de Borneiro, o Dolmen de Dombate).

Logo de abraiarnos cos tesouros naturais, monumentais e sociais da súa comarca, continuou a súa conferencia facendo un breve repaso histórico da febre do ouro dende os romanos (un claro exemplo é a explotación das Médulas), na Idade Media co saqueo das Américas coa conquista, pasando pola época do far West ou en Alaska nos anos 20, para acabar actualmente no Amazona ou en Perú onde unha minería fluvial deixou un río sen vida de lodo con chumbo e mercurio. 

Unha vez expostos a riqueza da terra galega e a historia do ouro, Moncho Varela falounos moi persoalmente do caso da mutinacional Edgewater Exploration que pretendía abrir unha mina a ceo aberto no Monte Furado, preto da súa casa natal. Expuxo os métodos para extraer ouro. Un dos procesos moi contaminante é o proceso de lixiviado con cianuro para separar o ouro da pedra. 

O conferenciante comprometido pola loita social contra as minas levantou a toma de conciencia entre o público con moitísimos exemplos dos impactos que suporía semellante explotación: un impacto ambiental descomunal que leva a morte, un coste da extracción exaxeradamente elevado, o uso ínfimo industrial do ouro, precariedade laboral a longo prazo, moita especulación. 

En definitiva nesta sesión especial de educación medioambiental, Moncho Varela quixo espertar a conciencia crítica do alumnado plasmada nun problema local galego achegándose non só o aspecto científico do tema, senón tamén o social e as repercusións nas localidades próximas á mina con mobilizacións de parte da poboación debido á preocupación creada.

É un deber de todos defender o noso patrimonio natural, cultural, social e non os intereses económicos e políticos para o enriquecemento dunha multinacional. A mobilización e a loita é posible xa que o 15 de outubro de 2013 a Xunta tivo que cancelar dito proxecto de Corcoesto pola forte presión social.

É obriga de todos evitar que un desenvolvemento económico non sostible remate con boa parte do planeta e da súa calidade de vida.

19.10.14

Viaxe ao Camiño de Santiago

O xoves 16 de outubro os alumnos de Relixión de 3º ESO e os de 3º PDC viaxaron a Samos e ao Cebreiro para coñecer in situ algún tramo do Camiño de Santiago.

A primeira parada foi no Mosteiro de Samos. Alí os rapaces visitaron os claustros, a igrexa, a sancristía, a antiga botica, os corredores das celas dos hóspedes etc. Recibiron abundante información sobre a historia do Mosteiro e a súa relevancia no Camiño a Santiago. Tamén constataron a súa aportación á literatura galega a través, por exemplo, do Padre Feixoo ou de Ramón Cabanillas.
Cómpre salientar as interesantes explicacións que recibiron de dous monxes residentes no Mosteiro, o padre Gregorio e o padre Leandro, que expuxeron a súa traxectoria vital e profesional e as razóns que os levaron a elixir a vida monástica.
Pola tarde, as actividades continuaron coa visita á igrexa de Santa María do Cebreiro. Este templo prerrománico dá entrada ao Camiño de Santiago en Galicia. A copiosa chuvia impediu que se puidese realizar o traxecto de 1100 m que separa a igrexa da fronteira coa provincia de León.
Por último, os rapaces tiveron un pouco de tempo de lecer na parada realizada en Lugo e a chegada a Burela tivo lugar sobre as oito da tarde.
Unha mágoa que chovera e que non puidésemos gozar de máis tempo ao aire libre!

15.10.14

Documental Muller (es) Muller - 4º ESO e 1º Bach

O pasado 14 de outubro, os alumnos/as de 4º de ESO e 1º de Bach. asistiron a proxección da longametraxe Muller(es)Muller, da produtora galega SocialDocs e realizado coa colaboración do Instituto da Muller. A actividade programada polo CIM pretende “promover a igualdade de oportunidades entre mozos e mozas, así coma a prevención da violencia de xénero”.

Segundo indica Diana Durán, a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, quen abriu a xornada, “a cinta busca dar luz sobre o papel das mulleres na sociedade e na transmisión de valores e os cambios que se producen dunha xeración a outra”.

O papel das mulleres na sociedade transformouse, pero máis aló de datos estatísticos que o confirmen, a realidade sempre funciona como un potente indicador. Tres xeracións de mulleres, tres mundos, tres vidas coas súas coincidencias e discrepancias, permítennos submerxirnos nesa realidade multiforme e cambiante do que significa ser muller.

O proxecto, que requiriu case dous anos de traballo e a participación dunha vintena de profesionais, recolle a realidade de dezanove mulleres de diferentes xeracións, cunha particularidade: trátase, en cada caso, de tres xeracións da mesma familia. Seis familias de tres mulleres (catro, nun dos casos) que mostran sen tapuxos á cámara as súas visións do que é ser Muller.

O documental conta tamén coa participación de diversas escritoras, como Yolanda Castaño, Olga Novo, Marilar Aleixandre, Chus Pato, Carmen Blanco e María Reimondez.  

Nova recollida en Crónica3: clica aquí.

30.9.14

Erasmus - tres alumnos viaxarán a Alemaña

Tres ex-alumnos recen titulados do IES Perdouro de Burela, viaxarán a Alemaña cunha bolsa de mobilidade Erasmus para realizar prácticas profesionais en centros de traballo de Augsburgo.

Serán oitenta días de prácticas non remuneradas en empresas relacionadas cos estudos cursados para estes tres alumnos do Perdouro. Foron tres os seleccionados que se beneficiarán dunha experiencia laboral única. Remataron a súa formación profesional nos Ciclos Medios de Mecanizado, Peitado e cosmética capilar e Instalacións en telecomunicacións. Como recen titulados, estas bolsas proporcionaralles a oportunidade de ter unha experiencia laboral no estranxeiro, de perfeccionar o coñecemento doutro idioma e de coñecer outras culturas e modos de vida. Tamén coñecerán outros métodos de traballo e ampliarán os seus coñecementos co obxetivo de facilitarlles o acceso laboral e mellorar así a súa empregabilidade. A dirección do centro educativo é consciente na necesidade de internacionalizarse e aposta asi pois por abrir as portas de Europa aos seus titulados a través da realización de programas de mobilidade para a formación. 

18.9.14

Charla sobre mobilidade "Unha rúa mellor é a túa elección"

En qué consiste a Semana Europea da Mobilidade (SEM)?

É unha iniciativa que persegue impulsar ás autoridades locais no desenvolvemento de accións planificadas, probando novas medidas de  transporte cos seus cidadáns.

A SEM da á xente a oportunidade de pensar acerca de para qué son realmente as nosas rúas e para debater solucións concretas de cara a afrontar os retos urbáns, tales como a contaminación do aire e o ruido.

Dentro das actividades organizadas polo Concello de Burela para celebrar a Semana Europea pola Mobilidade, impartiuse unhas charlas sobre mobilidade sostible co próposito de reflexionar sobre o uso abusivo que, en moitas ocasións facemos, dos desprazamentos en vehículos a motor.

Así pois, o día 18 de setembro, Mª José Castro González, técnico de Medio Ambiente, sensibilizou o alumnado de 1º de ESO co fin de coñecer o impacto ambiental do uso indiscrimado do coche, comparar o impacto ambiental dos distintos medios de transporte, concienciar da necesidade de utilizar o transporte público e promover o desprazamento a pé en traxectos curtos.

16.9.14

Inicio e presentación do novo curso 14-15

MARTES 16 DE SETEMBRO
  • 10:00h - Presentación do curso: 3º de ESO 
  • 10:30h - Presentación do curso: 4º de ESO + FP básica
  • 11:00h - Presentación do curso: 1° e 2° de BAC
  • 11:30h - Presentación do curso: 2º de ESO
  • 12:00h - Presentación do curso: 1º de ESO
   MÉRCORES 17 DE SETEMBRO   
  • 10:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:1º Curso
  • 11:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:2º Curso

8.7.14

Premios entregados en Pontevedra

Como Daniel Noya Pintos e Alicia Martínez Abal, gañadores na categoría escolar ata 18 anos do noso concurso de BD dos VI Encontros de Banda Deseñada na Mariña,  non puideron asistir ao acto de clausura e entrega de premio o pasado 27 de maio, Flora García enviounos dende o IES Xunqueira de Pontevedra as seguintes fotos como mostra de gratitude.

27.6.14

Viaxe de fin de curso dos alumnos de 1º de Bach.

28 alumnos de 1º de Bach. desfrutaron dunha viaxe de fin de curso de 5 días por Portugal. (do 17 ao 22 de xuño). Foron acompañados por Toni Galdo, o seu profesor de inglés, e pola Vicedirectora do centro, Karina Parga.

Primeira parada no Porto. Os rapaces descobriron a cidade patrimonio da humanidade asi como os  lugares de interese máis chamativos: a fabulosa librería Lello, a Sé catedral, a Torre dos Clérigos, a avenida dos Aliados, o mercado do Bolhão, o Café Majestic, a estación S. Bento, o palacio da bolsa, a ribeira, o mirador do Morro.

Houbo unha parada no camiño de traslado a Lisboa en Nazaré. Foi un dos momentos onde a rapazada puido gozar do sol e dos xogos na praia.

En Lisboa, o grupo puido visitar o mosteiro dos Xerónimos asi como a Torre de Belén. (S. XVI). Tamén dende aí sacaron fotos do monumento aos descobrimentos e da ponte do 25 de abril. No parque das nacións, a expedición viu o Oceanario de Lisboa considerado o segundo acuario máis grande de Europa. Unha monitora lles explicou as características moi peculiares do acuario situado no estuario do río Teixo de auga doce e con máis de 15.000 especies de plantas e animais. Tamén foron testemuñas da gran obra de ingeñería portuguesa, a Ponte Vasco de Gama (cuns 17 km de lonxitude). Para desprazarse ata o centro histórico da capital portuguesa, a comitiva empregou o metro lisboeta. Empezaron o percorrido pola praza do comercio, a baixa, o elevador de Santa Justa, a praza do Rossio, Chiado, as ruinas do Carmo, a praza da figueira, a casa dos Bicos, a Sé Catedral, o mirador de Santa Luzia, e o castelo de San Xurxo.
Tamén viaxaron ata Cascais para coñecer unhas das cidades balnearias máis recoñecidas de Portugal e pegarse un chapuzón despois de contemplar a fantástica Boca do Inferno (vertixinoso acantilado onde rompen as ondas do mar).

Unha viaxe chea de probas gastronómicas e de boas lembranzas!!!! Para repetir!!

25.6.14

Macarena Ledo e Elena Valle son as gañadoras do concurso O galego na onda


Fallouse o concurso O Galego na Onda. O premio será a participación nun obradoiro de radio impartido na emisora local de Radio Burel.
As cuñas gañadoras foron 
  • 1º premio: Palabras que lembran a lingua: Macarena Ledo Vázquez (IES Perdouro)
    2º premio: Sorrisos e sentimentos: Elena Valle García (IES Perdouro)
Parabéns rapazas!!!

23.6.14

1º ESO - Educación viaria e visita ao centro deportivo de Foz

Nos últimos días de curso, o alumnado de 1º de ESO desprazouse ata Foz para recibir formación en Educación Viaria da man da Policía Municipal de Foz. Foron recibidos por José Cándido Lestegás Alonso, xefe e coordinador  da actividade, e pola axente Rosa María Varela Villasante. Durante a charla, os axentes explicáronlles as normas de circulación e como comportarse frente a accidentes. Despois da teoría, o alumnado puido poñer en práctica o aprendido no circuito subido aos carts, ás bicicletas e mesmos ás motocicletas.


Na segunda parte da mañá, o alumnado foi recibido no Complexo deportivo de Foz para efectuar un itinerario polas súas instalacións deportivas. A rapazada visitou a sala de máquinas da piscina, fixo exercicios cardiovascular, de musculación e aeróbic sempre baixo a supervisión e asesoramento dos técnicos, para rematar cun chapuzón na piscina.

20.6.14

100% de aprobados na PAU

Un ano mais o 100% dos alumnos do IES Perdouro que realizaron a proba de acceso a universidade (PAU) entre os días 11 e 13 de xuño lograron superala con éxito.

O director do centro, Santiago Pérez, amosouse moi satisfeito do bo resultado acadado polos 15 alumnos e alumnas que se presentaron ás probas (remataron o curso en maio 16 dos 22 matriculados) e atribuíu este éxito ao intenso traballo do alumnado durante os dous anos de bacharelato coa axuda, por suposto, do seu profesorado.

Parabéns Daniel Arranz, Lara Bello, Sabela Blanco, Cristofer Canosa, Pablo Costa, Uxía Díaz, Tania Díaz, Begoña Fachal, Pablo Fernández, Daniel Sante, Azucena Fonteriz, Sara Gil, Laura López, Xabier Mazaira, Uxía Yáñez! Moita sorte nesta nova andaina que se abre!

O director manifestou tamén que este logro vén a culminar un moi bo ano académico no que o centro recibiu varios premios de importancia como o Premio de Robótica, o Premio Ás Boas Prácticas De Innovación Educativa, o Premio Exposición Letras Galegas 2014 ou, nestes últimos días, o 1º e 2º Premio De Emprendemento, acadado por alumnas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas dentro do Proxecto “A Mariña Emprende” promovido pola Fundación Alcoa e a Consellería de Cultura e Educación.

Premios para as alumnas do CS de Administración e Finanzas

O pasado 19 de xuño, no acto de clausura do proxecto "A Mariña Emprende" promovido pola Fundación Alcoa e a Consellería de Cultura e Educación, tivo lugar a entrega dos premios aos mellores proxectos empresariais realizados polos alumnos dos oito centros educativos da Mariña participantes.

Alumnas do ciclo superior de Administración e Finanzas acadaron o 1º e 2º premio dunha dotación económica de 2.500€ e 1.500€ para financiar o proxecto da súa empresa. O 1º premio foi para as alumnas Andrea Pico Pena e Leticia Rodríguez Pérez. Cristina García López, Raquel Rouco Iglesias e Nuria Rodríguez Blanco levaron o 2º premio do concurso de proxectos da Mariña Emprende.

Parabéns rapazas!!!

19.6.14

O grupo vocal SondeNós ofrece na Vila do Medio de Burela unha nova edición do concerto “No camiño da lingua”

O Grupo Vocal SondeNós, dirixido por Plácido Travieso (do Conservatorio de Música de Viveiro) ofrecerá este domingo, día 22 de xuño, unha nova edición do concerto No camiño da lingua. A cita será na igrexa da Vila do Medio en Burela ás 19.30 horas e terá entrada libre.

Nesta ocasión SondeNós contará coa colaboración do escritor Séchu Sende (Premio Blanco Amor, 2003) e da profesora Teresa López. Textos de poetas do Rexurdimento como Rosalía de Castro ou Curros Enríquez, de poetas da vangarda como Manuel Antonio ou o mesmo Séchu Sende, convivirán en harmonía con composicións de L. E. Batallán, Julio Domínguez e Plácido Travieso.

No camiño da lingua está enmarcado no Proxecto de intervención educativa Modelo Burela, que este ano celebra o seu Xº aniversario (2004-2014) e servirá como especial recoñecemento ao grupo de mozos e mozas (Simón Rodríguez Rouco, Maca Ledo, Helena Valle e Serxio Rivas) que protagonizaron a terceira etapa do programa radiofónico Proxecto Neo, que está a punto de chegar ás cen semanas en antena.

Premios para as alumnas do CS de Administración e Finanzas

O pasado 19 de xuño, no acto de clausura do proxecto "A Mariña Emprende" promovido pola Fundación Alcoa e a Consellería de Cultura e Educación, tivo lugar a entrega dos premios aos mellores proxectos empresariais realizados polos alumnos dos oito centros educativos da Mariña participantes.

Alumnas do ciclo superior de Administración e Finanzas acadaron o 1º e 2º premio dunha dotación económica de 2.500€ e 1.500€ para financiar o proxecto da súa empresa. O 1º premio foi para as alumnas Andrea Pico Pena e Leticia Rodríguez Pérez. Cristina García López, Raquel Rouco Iglesias e Nuria Rodríguez Blanco levaron o 2º premio do concurso de proxectos da Mariña Emprende.

Parabéns rapazas!!


18.6.14

Ampliando coñecemento no sector da maquinaria e ferramenta

Un grupo de alumnos do 2º ano do Ciclo Medio de Mecanizado do IES Perdouro de Burela visita a Feira internacional de Maquinaria e Ferramenta de Bilbao

Os días 3, 4 e 6 de xuño, os alumnos de 2º ano do Ciclo Medio de Mecanizado do IES Perdouro de Burela visitaron, acompañados polos seus profesores, á Feira Bienal da Máquina-Ferramenta de Bilbao co propósito de coñocer a oferta nacional e internacional das máquinas especiais. Foron testemuñas das exhibicións do mundo da industria máis punteira e do crecemento da competitividade das empresas. Esta feira engloba eventos altamente especializados onde se presentan as solucións e innovacións para toda a cadea de valor industrial. A Feira Internacional de Máquina Ferramenta de Bilbao referente a nivel nacional e terceira feira máis importante de Europa na súa especialidade, presentou todas as novidades en maquinaria, ferramentas, compoñentes e accesorios, automatización, metroloxía, control de calidade, soldadura, corte e oxicorte, e equipos hidráulicos e neumáticos. Foi a oportunidade para os alumnos do IES Perdouro, futuros profesionais do sector de mecanizado, de estar ao día en canto a innovación e desenvolvemento cos que se atoparán no seu próximo mundo laboral. 

16.6.14

4º ESO - charla afectivosexual coa sexóloga Beni Martínez

Esta tarde desenvolveuse un Obradoiro sobre Educación Sexual, destinado o alumnado de 4º ESO.

A experta en sexualidade, Benita Martínez García, e tamén matrona  - que durante moitos anos axudou a traer o mundo a maioría dos nenos da zona - foi a encargada de impartir este obradoiro coa finalidade de promover entre os nosos mozos a asociación entre sexualidade e afectividade (unha visión diferente do sexo no que este non apareza desvinculado dos afectos e dos sentimentos), así como reforzar os coñecementos sobre os Métodos Anticonceptivos.

Foron dúas horas nas que os nosos alumnos/as puideron aclarar conceptos e disipar dúbidas coa sexóloga que se mostrou próxima e comprensiva coas súas preocupacións e demandas.

13.6.14

Entrega de premio do concurso da A.C. Os Matos

Os premios do VIII Concurso de relatos curtos, poesía e debuxo convocado anualmente pola Asociación Cultural Os Matos cuxo lema nesta ocasión foi “As plantas da nosa paisaxe” foron entregados este venres 13 de xuño na biblioteca do IES Perdouro. O presidente da A.C. Os Matos, Antón Niñe;  a coordinadora do EDLG, Miruca Parga, e o director, Santiago Pérez, entregaron os diplomas e uns agasallos aos premiados. As obras gañadoras están publicadas na revista escolar.


Na modalidade de poesía, as composicións gañadoras foron “Flores de Primavera” de Itziar García Cruz (2º ESO A) como primeiro premio da categoría de primeiro ciclo da ESO e “As laranxas da laranxeira” de Arantxa Basanta Otero (2º ESO A) como segundo premio da categoría. Na modalidade de Relatos Curtos, as obras gañadoras foron “Non me esquezas, amapola” de Pedro Artai Fernández Padrón (1º ESO A) como premio da categoría de primeiro ciclo da ESO e “Casquiña” de Mario Cordido García (2º ESO B) como segundo premio da categoría; “As plantas da nosa paisaxe” de Laura Sofía Semedo Brito (4º ESO), como primeiro premio da categoría de relato curto do segundo ciclo da ESO, e “Un novo gran líder” de Mario Nieto Fraga (4º ESO PDC) como segundo premio do certame na categoría. Alexandra Granda Márquez (1º Bach. A) acadou o primeiro premio de imaxe e María Prieto Casares (1º Bach. B), o segundo.

Presentación da revista escolar da A. C. Os Matos - Maruxía nº 20

A asociación cultural Os Matos, do IES Perdouro de Burela, presentou o nº 20 da publicación Maruxía

María Prieto Casares, alumna de 1º de Bacharelato e no nome dos seus compañeiros de clase, foi a encargada de  introducir o labor do alumnado no acto de presentación do número 20 da revista escolar Maruxía da Asociación Cultural Os Matos do IES Perdouro. Asistiron ao acto Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Antón Niñe, Presidente da A.C. Os Matos e Miruca Parga, coordinadora do EDLG. Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Miruca Parga traballou co seu alumnado de 1º de bacharelato de Tecnoloxía da Información e da Comunicación na maquetación da revista. Despois de 20 anos de publicación continuada en papel,  a revista escolar dos Matos segue recollendo unha mostra das actividades e traballos realizados no centro durante o curso académico.

10.6.14

Publicación da revista escolar Maruxía nº 20

O vindeiro venres 13 de xuño no recreo, os alumnos/as de 1º de Bach. TIC liderado pola súa profesora Miruca Parga convídannos a achegarnos ata a biblioteca para asistir ao acto de presentación do novo número da revista escolar dos Matos. Desvelarannos os contidos do nº 20 asi como os momentos gratificantes deste traballo colaborativo. Maruxía 20 recolle unha moi pequena mostra de todas e tantas actividades que se celebraron e desenvolveron durante este viguroso ano académico mais aí permanecerán plasmadas para o recordo algunhas delas.

9.6.14

Charla informativa de Médicos sen fronteiras - 4º ESO

Francisco Rodríguez, cooperante de Médicos sen fronteiras, informou aos alumnos de 4º ESO do labor desta ONG. Explicoulles as misións humanitarias e de cooperación desenvoltas pola organización médico-humanitaria internacional que asiste a pobos en situación precaria, e a víctimas de catástrofes e de conflitos armados, sen discriminación por raza, relixión ou ideoloxía política. Ademáis faloulles das súas recentes experiencias en Darfur (2008) no conflito e da crise de desprazados internos; en Zimbabwe (2008) coa epidemia de cólera; e en Haïti (2010) co post-terremoto e epidemia de cólera. Un encontro moi interesante que se fixo corto para poder contestar a todas preguntas que querían facer os alumnos.

Crónica da viaxe pola Mariña Oriental

María Basanta Rañón (1º ESO A)
Tania Valiña Eijo (1º ESO B)

O día 7 de maio os alumnos de 1º de ESO fomos de excursión pola Mariña Oriental. Ás 8,30 da mañá saímos nun autobús desde o Instituto cos titores, Toni e Charo, e o profesor de Relixión, Antón.

A primeira parada fixémola no Concello de Barreiros, preto da praia da Anguieira, onde puidemos ver a ría de Foz, na desembocadura do río Masma. De volta ao autobús continuamos a ruta vendo un ronsel de praias, que en marea baixa prolónganse varios quilómetros, e tamén vimos o exterior da Casa-Museo de Celso Dourado, un pintor que non ten mans e que pinta con dous nervios de cada muñeca.

Camiño de Ribadeo, paramos á altura da Praia das Catedrais onde soubemos que o nome orixinal deste lugar é “Praia de Augas Santas”.

Antes de entrar en Ribadeo, atravesamos a Ponte dos Santos para dirixirnos ao Concello de Castropol, en Asturias, onde fixemos unha breve parada para ver a fermosa ría de Ribadeo, desembocadura do río Eo.

O entorno do Cargadeiro chamounos a atención do ben conservado que está e a vista que desde alí se ve. Informáronnos que antigamente había unha línea de tren desde os fornos de A Pontenova que transportaba carbón ata este lugar e que aquí se cargaba nos barcos que logo os levaban aos altos fornos  de Asturias e do País Vasco. A carón do Cargadeiro vimos o Forte San Damián e o Albergue de Peregrinos.

Logo achegámonos ata a Illa Pancha para ver o Faro. Antón explicounos que na provincia de Lugo só hai tres faros: Illa Pancha (Ribadeo), A Atalaia (en San Cibrao) e Punta Roncadoira (en Xove). Os demais sinais reciben o nome de balizas. Tamén nos dixo que un faro transmite tres tipos de información: a través da pintura exterior, da luz intermitente, e do sonido da sirena (se a tén),  para cando hai néboa.

A mediodía chegamos á Praza de España. No tempo libre que nos deixaron comimos o bocadillo e, como acabamos rápido, tivemos tempo para xogar no parque, onde o pasamos moi ben.

Despois do descanso vimos desde fóra a Torre dos Moreno e paramos diante da Casa do Concello, antiga residencia do Marqués de Sargadelos, onde puidemos ver unha estatua súa nas escaleiras.

Por último entramos na Igrexa do Mosteiro de Santa Clara, un edificio que conserva rasgos de estilo gótico. Antes de saír puidemos falar cunha monxa que nos dixo que se dedicaban á repostería e a facer bordados.

Xa de volta ao Instituto, os profesores déronnos unas galletas que mercaron no mosteiro das monxas e que estaban moi ricas.

Como chegamos antes de tempo, estivemos xogando no patio antes de marchar para as nosas casas.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...